A CAPTURA DOS EXPERTOS”. Unha historia terrible pero de lectura imprescindible para entender a importancia da autonomía do paciente e o consentemento informado

 

A CONSELLERÍA DE SANIDADE ESTÁ ELABORANDO UN DECRETO QUE REGULA O SISTEMA DE GARANTÍAS DE TEMPOS MÁXIMOS DE ACCESO ÁS PRESTACIÓNS SANITARIAS PÚBLICAS QUE É EN REALIDADE UNHA DISPOSICIÓN DE FINANCIAMENTO DA SANIDADE PRIVADA.

 

NECESITAMOS ASOCIARNOS PARA SER MAIS FORTES E PERDER O MEDO. A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS está plenamente de acordo co testemuño que segue a continuación dunha paciente crónica da area sanitaria de Vigo, que apela a necesidade de denunciar a través dos cauces regulamentarios para facer valer os noso dereito individual e colectivo a unha sanidade pública, universal e de calidade e romper ca barreira do medo. Pero queremos aproveitar esta ocasión para facer algunhas reflexións que consideramos moi oportunas: 1ª. As reclamacións a través do Servizo de Atención ao Doente caen, na maioría dos casos, directamente na papelera, especialmente nos últimos anos. Non existe un procedemento administrativo específico para a administración sanitaria con rango legal que estableza tempo de resolución, notificación e réxime de recursos. Aplícase directamente o procedemento administrativo común para todas as administracións públicas que fixan un prazo máximo de tres meses para resolver e notificar. Inadmisible cando falamos da saúde das persoas!. Estamos padecendo no mundo da sanidade unha absoluta indefensión xurídica!. 2ª. No Sistema Público de Saúde vivimos unha especie de “despotismo ilustrado” onde todo se fai en nome dos pacientes pero sen os pacientes. Somos o actor principal do sistema (non hai praxes médica sen consentimento do paciente), pero estamos totalmente ausentes nos procesos de toma de decisións e de control sobre procedementos, protocolos, listas de espera, axendas, investimentos, información, reclamacións….. Manténsenos illados de forma consciente e premeditada para evitar que podamos influír nos procesos asistenciais e obstaculizar as políticas de recorte do gasto público ou de privatización. So nos dan protagonismo cando queren converternos nun recurso asistencial gratuíto que cubra as carencias do sistema, a pesar de financialo ao longo da nosa vida laboral. 3ª. A finais do 2015 varios pacientes da área sanitaria de Vigo puxéronse en contacto con nós para que lles axudáramos a crear unha asociación de pacientes e usuarios para defenderse de forma colectiva contra o brutal atentado que se estaba cometendo nesa área sanitaria. Aquelo finalmente con callou, e aínda hoxe Vigo segue sen contar cunha Asociación de pacientes que teña como obxectivo esencial a defensa dos seus dereitos e da sanidade pública. Non só basta con presentar reclamacións, senón que é necesario crear instrumentos de cooperación que rompan co illamento do paciente e que lle dean o protagonismo imprescindible dentro do Sistema Público de Saúde. A nosa experiencia demostra que cando actuamos de xeito colectivo facémonos mais fortes e o medo desaparece. Por elo, reiterando a mensaxe do testemuño e sendo conscientes de que con este post non se vai producir ningún cambio substancial, queremos INTERPELAR AOS PACIENTES E USUARIOS DA ÁREA SANITARIA DE VIGO PARA QUE RECLAMEN E SE CONSTITÚAN EN ASOCIACIÓN, PORQUE ESTÁN DESMANTELANDO A SANIDADE PÚBLICA E ESTÁ EN XOGO A NOSA SAÚDE E A DAS XERACIÓN VINDEIRAS.

 

 

TESTEMUÑO DE NOEMÍ ÁLVAREZ, no que denuncia a denegación da atención temperá na Rede galega pública a súa filla de 6 meses diagnosticada con Síndrome de Down, por estar sendo atendida nun centro asistencial privado. Esta denegaciòn, feita a través dun informe clínico refrendado pola xerencia do CHUS, prodúcese a pesares de ser un dereito recoñecido pola lexislación sanitaria a todos os pacientes con esta patoloxía

 

A Xerencia do CHUS afirma publicamente que faltamos a verdade, pero en realidade admite que se produciu a denegación de atención temperá e a vulneración dun dereito de asistencia mediante un informe clínico dando lugar, non só unha extralimitación das competencias facultativas, senón tamén unha total e absoluta inseguridade xurídica. Intolerable!!

 

 

 

 

 

 

 

A CONSELLERÍA DE SANIDADE ESTÁ ELABORANDO UN PROXECTO DE DECRETO DE REGULACIÓN DOS COMITÉS DE ÉTICA ASISTENCIAL, COMO RESPOSTA AO DITAME DO COMITÉ DE COMPOSTELA EN RELACIÓN CO DENOMINADO “CASO ANDREA”, PARA SOMETELOS AO CONTROL DOS ÓRGANOS DIRECTIVOS DO SERGAS

 

 

 

 

 

Feijóo pretende reforzar a influenza gubernamental sobre os equipos médicos nomeando a profesionais da súa confianza e socavando a independencia do persoal sanitario e o principio de igualdade no acceso a función pública

 

 

O PECHE DAS AXENDAS NOS MESES DE VERÁN POR PARTE DA XERENCIA DO CHUS IMPIDE QUE UNHA PACIENTE DE CANCRO PODA TER A CONSULTA DE REVISIÓN ESPECIAL NO PRAZO DE 6 MESES E FÍXANLLE CITA PARA DENTRO DE 18 (XUÑO DE 2017) SEN TER EN CONTA O CRITERIO DO ESPECIALISTA

 

O Conselleiro de Sanidade, segue considerando aos pacientes como meros datos estatísticos. Cada paciente ao que se lle nega o dereito efectivo a sanidade pública necesaria é unha víctima do modelo asistencial implantado polas políticas de austeridade

 

Os profesionais do Servizo de Urxencias do CHUS denuncian ante a inspección de traballo o colapso do servizo e a colocación nos pasillos e zonas de paso de pacientes en cadeiras de rodas e padiolas