Dereito á libre elección de profesionais sanitarios e centro hospitalario por problemas de saúde novos

interrog-logoGarantía de libre elección de profesionais sanitarios e centro hospitalario
No decreto 55/2015, (dentro das medidas que recolle a lei 12/2013) garántese o dereito dos usuarios á libre elección de:
A) Médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría para a prestación de asistencia sanitaria en atención primaria (Enlace ao impreso de solicitude de elección).
B) Centro ou complexo hospitalario por problemas de saúde novos.
Esta petición pode facerse a través:
  • Do portal electrónico do Sergas www.sergas.es (con DNI electrónico ou certificado dixital).
  • Dos centros de atención primaria.
Este decreto 55/2015 inclúe a posibilidade de que o paciente elixa tamén complexo hospitalario para tratarse dun proceso de saúde novo ou para pasar polo quirófano (¡OLLO! Nestes casos non pode un anotarse na lista de espera para ser operado no hospital de orixe).
Cando o usuario presente un novo problema de saúde hai que ter en conta que os síntomas non coincidan con diagnósticos previos.
Cando se trate dunha intervención cirúrxica. A xerencia do hospital elixido para tratar ese novo proceso debe responder ao enfermo nun prazo máximo de 30 días naturais dende a inclusión do paciente no sistema. Se non responde, enténdese que acepta a petición.
Non sempre que un enfermo decida operarse nun centro médico que non lle corresponda por área sanitaria terá unha resposta afirmativa. O propio decreto que regula esta medida contempla as excepcións, unha delas (que probablemente será a máis recurrente) é que, por criterios de planificación sanitaria ou por causas organizativas non poda garantirse un acceso adecuado ao servizo.
Se o domicilio e o hospital non están no mesmo ámbito territorial non poderá solicitarse o transporte sanitario programado nin a hospitalización a domicilio.
Non poderán pedirse dous centros para a misma operación ou a mesma patoloxía.
A garantía de tempos máximos de espera sempre prevalecerá sobre a de libre elección de complexo hospitalario.