Dereito a manifestar a vontade sobre coidados e tratamentos da saúde (Instrucións previas)

Enlace á web do Sergas sobre Instrucións previas
A Lei 3/2005, de 7 de marzo é a reguladora do consentemento informado e da historia clínica dos pacientes.

Mediante a sinatura do documento de instrucións previas unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade sobre os coidados e tratamentos que podería precisar no futuro e sobre o destino final do seu corpo, co fin de que esta vontade sexa coñecida e respectada no momento en que non teña capacidade para manifestala.
O documento de instrucións previas debe estar formalizado mediante algún dos seguintes procedementos:

  • Ante tres testemuñas maiores de idade e con plena capacidade de obrar, das cales dúas, como mínimo, non poderán ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade nin estar vinculadas por relación patrimonial coa persoa outorgante.
  • Ante notario (sen necesidade de testemuñas).
  • Ante o persoal do “Rexistro galego de instrucións previas” ou das unidades habilitadas. Se quere vostede formalizar o seu documento ante este persoal, debe pedir cita previa no teléfono do Rexistro ou da unidade correspondente (atópase ao final desta páxina) e levar con vostede, o día que se lle asigne, o seu DNI/NIE.

Para que o sistema de saúde teña coñecemento de que esisten unhas instrucións previas, éstas teñen que estar plasmadas nun documento e rexistradas, para iso creouse o “Rexistro galego de instrucións previas” (A finalidade do rexistro é facilitar o coñecemento da existencia do documento de instrucións previas aos profesionais que prestan a asistencia sanitaria, así como a consulta do dito documento chegada a situación en que sexa necesario telo en conta).

Polo tanto, hai que facer dúas cousas:

  1. Formalizar o documento de instrucións previas (con testigos, mediante notario ou no Rexistro galego de instrucións previas).
    1. Enlace ao impreso de instrucións previas realizado ante testemuñas
    2. Enlace ao impreso de instrucións previas realizado no “Rexistro galego de instrucións previas”
  2. Solicitar a inscrición do documento de instrucións previas no “Rexistro galego de instrucións previas”.
    1. Enlace ao impreso de solicitude de inscrición no rexistro

O documento de instrucións previas e a súa solicitude de inscrición no Rexistro galego de instrucións previas preséntase nos enderezos detallados no pe desta páxina.

É importante ter en conta que este documento pode ser revocado cando se desexe asinando o documento de revogación:

ENDEREZOS ONDE PRESENTAR O DOCUMENTO DE INSTRUCIÓNS PREVIAS E A SÚA SOLICITUDE DE REXISTRO
Rexistro galego de instrucións previas
Secretaría Xeral Técnica – Consellería de Sanidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Tlf.: 881 548 673
regaip@sergas.es
Unidades habilitadas
1.- Xefatura Territorial de Sanidade de A Coruña
Rúa Durán Loriga 3
15003 A Coruña
Tlfs.: 981 155 803 / 981 155 817 / 981 155 823 / 981 082 360
2.- Estructura Organizativa de Xestión Integrada de Ferrol
Unidade de Atención ao Paciente
Hospital Arquitecto Marcide
Avda. da Residencia s/n
15405 Ferrol
Tlf.: 981 33 40 70
3.- Estructura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela
Servizo de Atención ao Paciente – Departamento de Traballo Social
Hospital Clínico
A Choupana s/n
15706 Santiago de Compostela
Tlf.: 981 950 026
4.- Xefatura Territorial de Sanidade de Lugo
C/ Montevideo 9, 1º
27001 Lugo
Tlf.: 982 292 116
5.- Xefatura Territorial de Sanidade de Ourense
Avda. de Zamora 13
32005 Ourense
Tlf.: 988 066 320 / 988 066 317
6.- Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra
Avda. de Fernández Ladreda 43
36003 Pontevedra
Tlf.: 986 885 334
7.- Edificio Administrativo da Xunta de Galicia – Vigo
Rúa Concepción Arenal 8
Edificio Torre (2º andar)
36201 Vigo
Tlf.: 986 817 240