Obrigacións dos cidadáns co Sistema Sanitario

Na Lei 14/1986 Xeneral de Sanidade, no artigo 11 dí:

“Serán obrigacións dos cidadáns coas institucións e organismos do sistema sanitario:

  1. Cumprir as prescricións xerais de natureza sanitaria comúns a toda a poboación, así como as específicas determinadas polos Servizos Sanitarios.
  2. Coidar as instalacións e colaborar no mantemento da habitabilidade das Institucións Sanitarias.
  3. Responsabilizarse do uso adecuado das prestacións ofrecidas polo sistema sanitario, fundamentalmente no que se refire á utilización de servizos, procedementos de baixa laboral ou incapacidade permanente e prestacións terapéuticas e sociais.
  4. Asinar o documento de alta voluntaria nos casos de non aceptación do tratamento. De negarse a iso, a Dirección do correspondente Centro Sanitario, a proposta do facultativo encargado do caso, poderá dar o alta.”