Orde na que clasifícanse como preferentes as citas que precisen ser atendidas nun prazo de 15 días

Na Orde do 13 de xullo de 2004, no artigo 10º consta:

Artigo 10º.-Procedemento de asignación de citas e criterios de prioridade.
1. A asignación das citas tenderá a realizarse na mesma data da prescrición, ofertando o primeiro oco libre na axenda do especialista, a partir da data da prescrición ou da data idónea da cita, se é o caso.
2. Os criterios de prioridade para atender os pacientes serán establecidos polo médico prescritor e dependerán do proceso que motiva a consulta, da patoloxía ou da invalidez concomitantes e/ou da situación persoal. Así pois, distínguense dous tipos de prioridade:
a) A prioridade preferente inclúe os pacientes que precisan ser atendidos nun prazo breve de tempo.Con carácter xeral, clasificaranse como preferentes aqueles pacientes que precisen ser atendidos nun prazo máximo de 15 días desde a data de entrada no rexistro.
b) A prioridade normal inclúe os restantes pacientes, nos que a súa atención pode demorarse en función da espera existente.
Deberán establecerse mecanismos de coordinación entre atención primaria e atención especializada para evitar no posible a necesidade de repriorización por parte do hospital que produce cambios nas datas das citas asignadas.