Tempos máximos de atención e probas diagnósticas

RELOJ-LOGO-ASOC
Tempos máximos de atención e probas diagnósticas
De acordo co artigo 5 desta lei, os pacientes que requiran atención sanitaria hospitalaria, de carácter programado e non urxente, terán garantida a atención nos tempos máximos que se indican:
a) 60 días naturais nas intervencións cirúrxicas.
b) 45 días naturais nas consultas externas, referidas a un problema de saúde novo e que non teña a consideración de revisión.
c) 45 días naturais nas probas diagnósticas e/ou terapéuticas, referidas a un problema de saúde novo e que non teña a consideración de revisión.
Para estes efectos, as consultas externas e as probas diagnósticas e terapéuticas entenderanse referidas a un problema de saúde novo e que non teña a consideración de revisión.
Os días naturais serán a partir da data de entrada no Rexistro de Pacientes en Espera do Sistema público de saúde de Galicia. O médico cubrirá a “folla de inclusión no rexistro de pacientes en espera” que consta de tres exemplares, unha copia para a historia clínica, unha copia para o hospital e unha copia para o paciente.
A data que figura na “folla de inclusión no rexistro de pacientes en espera” será a que computa para contar os días naturais de tempo máximo de espera.
———
É convinte revisar o artigo 6 da lei no que se especifican os casos en que estas garantías non serán aplicables, tales como, queimados, intervencións urxentes, transplantes, intervencións non incluídas na carteira de servizos do Sistema nacional de saúde…
———-
No caso de que a espera prevista supere o tempo máximo establecido para a prestación da asistencia sanitaria, o Servizo Galego de Saúde deberá ofertar a realización da prestación noutro centro da rede pública ou nun centro concertado.
———-
É convinte revisar o artigo 9 desta lei no que se especifican os casos en que se perden estas garantías de tempos máximos; tales como, cando o usuario non desexe realizar unha proba nun centro concertado que lle oferten (non da rede pública), perde a garantía pero continuará no Rexistro de Pacientes en Espera aínda que perda a garantía respecto desa atención.