Tempos máximos e prioridades en hospitalización, cirurxía e salas.

Orde do 19 de maio de 2003 pola que se normaliza o sistema de información e control da demanda de actividade programada de hospitalización, cirurxía e salas na rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde.

No apartado d) do anexo IV recóllense as diferentes prioridades e os prazos de espera:

Prioridade 1: inclúe os pacientes nos que a súa atención, sendo programable, non admite unha espera superior ós 30 días.

Prioridade 2: inclúe os pacientes con situación clínica ou social que admite unha espera relativa, sendo recomendable a atención nun prazo inferior a 90 días.

Prioridade 3: inclúe os pacientes con patoloxías que permitan a espera no tratamento, xa que non produce secuelas importantes.