CONTESTACIÓN DA CONSELLERÍA DE SANIDADE A DENUNCIA PÚBLICA REALIZADA POLA ASOCIACIÓN DE PACIENTES E USUARIOS DO CHUS POLA DENEGACIÓN DO DEREITO DE ACCESO AOS ANEXOS DOS CONVENIOS ASINADOS CON MEDTRONIC IBÉRICA S.A. PARA OS HOSPITAIS DE COMPOSTELA, A CORUÑA E LUGO.

Os servizos de urxencias do CHUS incumpren, con grave risco para a saúde de pacientes e usuarios, as MEDIDAS RECOMENDADAS INTERNACIONALMENTE EN 1996 POLO COMITÉ CONSULTIVO DAS PRÁCTICAS DE CONTROL DE INFECCIÓN HOSPITALARIA

ESTAMOS FARTOS!

DÍA MUNDIAL DO CANCRO DE MAMA

CRÓNICA DO MALTRATO ASISTENCIAL. 18 DE AGOSTO DE 2017: NOVO COLAPSO NOS SERVIZOS DE URXENCIAS DO CHUS

Ao longo de toda a tarde o corredor de acceso estivo ocupado por pacientes graves en padiolas e cadeiras de rodas, con espera superiores a 2 horas. Mentres isto está sendo consentido polos responsables do servizo, as zonas de observación permaneceron toda a tarde ocupadas por pacientes en espera de ingreso en planta, e seguen pechadas as 171 camas do Hospital Provincial de Conxo e do Gil Casares.
Esiximos ao SERGAS e a xerencia do CHUS que cese a vulneración do dereito a unha atención inmediata e urxente que nos recoñece a lei nos servizos de urxencias, e o que poña fin ao maltrato asistencial do que estamos sendo obxecto.

PACIENTES DOS SERVIZOS DE URXENCIAS DO CHUS ESPERAN MAIS DE TRES DÍAS EN SER INGRESADOS EN PLANTA.(nota de prensa íntegra).

PACIENTES DOS SERVIZOS DE URXENCIAS DO CHUS ESPERAN MAIS DE TRES DÍAS EN SER INGRESADOS EN PLANTA E SEGUEN COLOCANDO AOS PACIENTES NOS CORREDORES DE ACCESO.
A Asociación de Pacientes tivo coñecemento dun novo episodio de colapso nos servizos de urxencias do CHUS como consecuencia do peche de camas producido desde principio do mes de xullo.
Ás 16:13 horas do día 31 de xullo, un total de 24 pacientes, todos con cama asignada en planta excepto 2, estaban agardando o ingreso. Un total de 5 pacientes de gravidade intermedia estaban colocados en padiolas e cadeiras de rodas no corredor de acceso ao servizo, mentres 5 padiolas da zona de atención estaban pechadas sen que fosen abertas ata as 16:14 horas. A última solicitude de cama produciuse o pasado domingo ás 19:00 horas, sen que no momento en que se redacta esta nota se solucionasen os ingresos, despois de case 24 horas desde que se produciu a petición.
Acompañantes destes doentes, en contacto telefónico coa Asociación, denunciaron que un paciente leva no servizo desde o venres día 21, sen aseo persoal e comida de media tarde, e que aínda neste momento segue sen cama asignada a pesar que o facultativo solicitou para el o ingreso en planta.
Pois ben, de acordo cos estándares de calidade dos servizos de urxencias hospitalarias aprobados no ano 2010 polo Ministerio de Sanidade e Política Social, os pacientes non poden permanecer no servizo máis de 4 horas ou de 24, cando se estime necesario mantelos en observación, sen que poida utilizarse esta zona se xa está ordenado o ingreso hospitalario. O CHUS incumpre de xeito manifesto e reiterado esta norma de calidade ao manter pacientes en espera de ingresar en planta ata máis de 2 días unha vez transcorrido o prazo máximo de 24 horas en observación. Nestas circunstancias, o paciente, que ten dereito a recibir a atención hospitalaria adecuada, ocupa un espazo reservado aos pacientes que están en espera de atención urxente, e que os responsables do servizo colocan nos corredores de acceso ao non contar con espazos libres destinados para este fin. Deste xeito, prodúcese un maltrato asistencial intolerable, non só aos pacientes que agardan nos corredores de acceso, senón tamén a aqueles que en espera de ser ingresados, non reciben a atención persoal propia dos servizos de planta, como aseo persoal e merendas.
Pero, ademais, a situación resulta de maior gravidade se temos en conta que da información que se obtén do servizo web “ pulso do CHUS” resultan niveis de ocupación das camas que non superaron o 60%, salvo en psiquiatría, que mantiña niveis de ocupación do 92%. Isto quere dicir que existe un volume de camas que non están dispoñibles por falta de dotación de persoal para ser atendidas ou ben porque se declarou o seu peche.
Consideramos que se debe poñer fin a este maltrato asistencial por parte dos responsables do CHUS poñendo en funcionamento as camas hospitalarias necesarias no momento en que a demanda fixada clinicamente así o require, e, por conseguinte, abandonando por antisociais as políticas de racionamento dos recursos sanitarios dispoñibles. Manter o actual estado de deterioración dos servizos sanitarios públicos de urxencias atenta contra dereitos fundamentais amparados constitucionalmente e fomenta o acceso á sanidade privada, e a procura de portas traseiras que producen unha quebra do principio de equidade.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2017

DEMANDAS DA ASOCIACIÓN DE PACIENTES E USUARIOS DO CHUS PRESENTADAS ANTE A XERENCIA. 4. Rehabilitación.

a) Diagnóstico da situación. De acordo cos datos publicados na páxina web do CHUS, esta área sanitaria conta con 30 fisioterapeutas ambulatorios para un total de 396.494 habitantes asignados o que arroxa un rateo de 7,56 fisioterapeutas por cada 100.000 habitantes (esta rateo no ano 2013 a nivel de todo o estado é de 10 profesionais) e de 1 fisioterapeuta por cada 14.441 habitantes. O número de fisioterapeutas do Hospital Clínico, Provincial de Conxo e Gil Casares é de 13, cunha rateo por cada 100.000 habitantes do 3,27 fisioterapeutas. En canto a terapeutas ocupacionais a área sanitaria conta cun total de 7 (5 en saúde mental e 2 en atención temperá) cun rateo de 1,53 terapeutas por cada 100.000 habitantes. Esta é a única área sanitaria que non conta con este tipo de profesional para rehabilitación física, a pesar da transcendencia que ten este tipo de atención especializada para pacientes con patoloxías osteoarticulares e traumáticas. As listas de espera para consultas externas para atención rehabilitadora publicadas na páxina web do SERGAS 31/12/2016, reflicten un total de 1.440 pacientes e non existen datos sobre as demoras para o inicio do tratamento rehabilitador. As demoras en rehabilitación física para tratamentos rehabilitadores comportan graves consecuencias para os pacientes. Tratamentos rehabilitadores que deben comezar na propia planta hospitalaria despois dunha amputación e que deben manterse durante un prazo de 6 semanas antes da colocación da prótese e continuar durante 8 semanas, como mínimo, despois da súa colocación, redúcense a un mes ou mes e medio, e nalgún caso a tan só 10 días, o que provoca un uso incorrecto da prótese e dá lugar, en moitos casos, a patoloxías sobrevidas e a unha demora inaceptable no noso proceso de inserción social e laboral. Non contar con ningún profesional desta especialidade comporta unha clara discriminación por razón de residencia contraria ao principio de universalidade e equidade que preside o noso sistema público de saúde e implica graves consecuencias para os pacientes. Os equipamentos que dispón a unidade de rehabilitación física do CHUS están claramente obsoletos, en estado deficitario. En canto ao servizo de logopedia, esta área sanitaria conta tan só con dous logopedas para una poboación total de 455.200 habitantes cunha ráteo de 0,43 logopedas por cada 100.000 habitantes. Esta ráteo nás áreas sanitarias de Pontevedra e Coruña está situada en 0,66 e 1,08 respectivamente o que, sendo manifestamente baixos en todos os casos, que comporta, un trato discriminatorio por razón de residencia. A día de hoxe este servizo non conta con axendas informatizadas e polo tanto as solicitudes de interconsulta para o tratamento rehabilitador se arquivan manualmente e os pacientes quedamos en espera de ser chamados para o seu inicio sen data e polo tanto sen ser incluídos na correspondente lista de espera estrutural, como establece a normativa sanitaria autonómica.

b) Demanda. Aumentar o número de fisioterapeutas ambulatorios ata acadar como mínimo a rateo existente a nivel estado por cada 100.000 habitantes. Dotar a especialidade de terapeutas ocupacionais para rehabilitación física no número de posto necesarios para atender a demanda existente. Publicar a información sobre as lista de espera para o inicio do tratamento rehabilitador. Renovación urxente dos equipos de rehabilitación física. Aumento da plantilla de logopedas e aplicación da normativa legal en materia de axendas e listas de espera que poña fin a ao mantemento dos pacientes en espera de ser incorporados a una lista.
Compostela a 30 de xuño de 2017

O CENTRO DE SAÚDE DE RIANXO, INTEGRADO NA ÁREA SANITARIA DE COMPOSTELA, VULNERA O DEREITO DOS PACIENTES A INFORMACIÓN

A B.C.T., familiar dun paciente ao que lle solicitaron dúas citas preferentes (atención nun prazo máximo de 15 días) para o servizo de ortopedia e que foron fixadas para o día 23/11/2017 e 13/02/2018, o centro de saúde negoulle copia da solicitude de interconsulta necesaria para poder presentar unha queixa ante o Servizo de Atención ao Doente por incumprimento dos tempos máximos de espera garantidos.