QUEN SOMOS

logo y bote rosa pastillasUn grupo de pacientes da área sanitaria do CHUS, despois dunha reflexión simple, pero moi meditada, sobre a situación que vivimos como usuarios da sanidade pública, decidimos levar a cabo a iniciativa de constituír unha Asociación tras consultar a opinión doutras asociacións xa constituídas e con longa experiencia (Asociación SARELA, COGAMI, Asociación de Usuarios dos Servizos Oncolóxicos do CHUS, Asociación Galega de Fibromialxia, Asociación de Escleroses Múltiple de Santiago de Compostela). Hoxe, chegou o momento de poñer negro sobre branco, os motivos que nos levan a dar este paso e a compartilos con todos aqueles que sintan con nós a mesma urxencia e necesidade.