Lexislación autonómica

lexislación nacionalLEXISLACIÓN AUTONÓMICA

Pódese atopar nos seguintes enlaces:

1.-— Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias

Lei que recolle varias medidas que foron desenrrolándose pouco a pouco nos decretos que poñemos máis abaixo, como o dereito a unha segunda opinión médica, que xa existía pero que reduce os prazos; ou o rexistro de instruccións previas, que tamén era unha medida imprantada na comunidade pero que agora amplía as vías para facelo.

O que sí falta todavía é o desenrrolo dos tempos de espera máximos para operarse ou para as consultas. No primeiro dos casos fíxase un tope de sesenta días e no segundo de 45, pero deben regularse todavía as patoloxías nas que aplicaríase.

2.- — Decreto 54/2015, do 12 de marzo, polo que se regulan o procedemento e os efectos da garantía do dereito á segunda opinión médica no Sistema público de saúde de Galicia

Comentado na pestana “DEREITOS/DEBERES”…

Decreto que regula o procedemento para o exercicio do dereito a unha segunda opinión médica.

3.- — Decreto 55/2015 polo que se regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico

Comentado na pestana “DEREITOS/DEBERES”…

Decreto que regula o exercicio do dereito á libre elección de persoal médico de familia, pediatra e persoal de enfermaría en atención primaria, e de centro ou complexo hospitalario por un problema de saúde novo, no Sistema público de saúde de Galicia.

4.- — Lei 5/2015 do 26 de xuño, de dereitos e  garantías da dignidade das persoas enfermas terminais

Lei que rixe o desenrrolo dos instantes finais de pacientes cun pronóstico de vida limitado, situacións nas que prima a liberdade de decisión dos pacientes, a cal poderán facer efectiva a través do escrito de instruccións previas (ver pestana“DEREITOS/DEBERES”).

5.- — Lei 3/2005 de 7 de marzo, de modificación da Lei 3/2001, de 28 de maio, reguladora do consentimento informado e da historia clínica dos pacientes

6.- — Orde do 13 de xullo de 2004 pola que se normaliza o sistema de información e control da demanda de actividade programada de consultas externas médicas na rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde

No seu Artigo 10º que trata do procedemento de asignación de citas e criterios de prioridade, consta o tempo máximo de espera de 15 días para citas con prioridade preferente.

7.-Orde do 19 de maio de 2003 pola que se normaliza o sistema de información e control da demanda de actividade programada de hospitalización, cirurxía e salas na rede de hospitais do Servizo Galego de Saúde.

No apartado d) do anexo IV recóllense as diferentes prioridades e os prazos de espera:

Prioridade 1: inclúe os pacientes nos que a súa atención, sendo programable, non admite unha espera superior ós 30 días.

Prioridade 2: inclúe os pacientes con situación clínica ou social que admite unha espera relativa, sendo recomendable a atención nun prazo inferior a 90 días.

Prioridade 3: inclúe os pacientes con patoloxías que permitan a espera no tratamento, xa que non produce secuelas importantes.